MÁIS ACTIVIDADES DAS XORNADAS “PASÁMOLO DE MEDO”

Durante estas xornadas todos os días no recreo realizáronse lecturas de contos e lendas de medo. O alumnado de 5º tamén representou unha versión da Cincenta un tanto terrorífica. O venres clausuráronse as xornadas co acendido das cabazas realizadas polo alumnado e as familias, a lectura do conxuro elaborado de maneira colectiva en todas as aulas do cole, e a proxección do videoclip “Thriller” de Michael Jackson. Velaquí unhas fotos das diferentes actividades.

INAUGURACIÓN DAS XORNADAS “PASÁMOLO DE MEDO”

A semana do 24 ao 28 de Outubro resultou un tanto terrorífica no CEIP Ricardo Tobío. O luns 24 inauguramos as xornadas “Pasámolo de Medo”. Durante o recreo, Lois e Antía, encargáronse de inaugurar as xornadas contándonos cousiñas sobre a orixe do Samaín, celebración de orixe celta. Máis tarde, a compañía de teatro ” A Xanela do Maxín” representou no centro a historia “Chincha Rabincha”, da cal o tema central era tamén o medo. Deixamos unhas imaxes para que vexades que ben o pasamos!!

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.