DECÁLOGO LECTOR

Estes días distribuímos entre o alumnado uns marcapáxinas co “Decálogo Lector” elaborado no centro a partir das suxestións feitas polas familias, o curso pasado, sobre as dez mellores ideas para fomentar a lectura dentro do ámbito do fogar. Esperemos que tomedes boa nota!

A FOLLA SECA

As sesións de contacontos no recreo comezan a ser un éxito. Desta vez foron varias axudantes da biblioteca de 6º e 5º curso as que quixeron contar unha historia ós máis pequenos. O conto lebaba por título “A folla seca”, e nel relatábase o que lle acontecía a Amara, unha pequena folla que coa chegada do outono tiña medo a soltarse da súa árbore e a deixarse caer.
Moitas grazas a Tamara, Lara, Irene, María, Antía e Alexandra por colaborar!
Á volta do Nadal teremos novas sesións de contacontos, xa que hai varios grupos de alumnnos e alumnas preparando máis historias para contar.

O CARACOL E A ROSEIRA

Seguimos coas sesións de contacontos na biblioteca. Desta vez foi o profe Valentín o que leu o conto de “A caracol e a Roseira” de Hans Christian Andersen para o alumnado do segundo e terceiro ciclo.

O MELLOR REGALO PARA ESTE NADAL?? UN LIBRO!!!

Esperamos que este nadal Papá Noel e os Reis Magos veñan cargados de agasallos aos rapaces e rapazas do CEIP Ricardo Tobío, e por suposto que eses regalos lles aporten ledicia, ilusión, sabedoría, aventuras e entretemento. Por iso desde a Biblioteca pensamos que o mellor agasallo para este Nadal é un libro. Velaquí algunhas das recomendacións de Miguiña.

BOLETÍN DE LECTURAS PARA O NADAL 2011

PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

A semana iniciamos na biblioteca as sesións de contacontos no recreo. Desta vez as mestras Elena e Raquel contaron a historia de “Pequeno azul e pequeno amarelo” ó alumnado de infantil e primeiro ciclo de Primaria. A semana próxima serán os alumnos e alumnas do segundo e terceiro ciclo os que disfrutarán con unha nova historia.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.