PREMIO INFANTIL DE CONTOS “MESTRE XOSÉ AGRELO”

Coa ansia de fomentar a creatividade fabuladora dos nenos, a A.N.P.A. do C.E.I.P.”RICARDO TOBÍO” convoca dende o curso 2000/01 o premio infantil de contos
“Mestre Xosé Agrelo” facendo ao mesmo tempo un recoñecemento público do singular personaxe inesquecible neste colexio.
As BASES do concurso son as seguintes:

1.Poderán optar ao premio tódolos rapaces que cursen estudos no C.E.I.P.”Ricardo Tobío” de Esteiro e na E.E.I. de Tal de Abaixo, que presenten narracións inéditas e non premiadas con anterioridade, e escritas en galego.

2.Outorgaranse catro premios que se conformarán por cursos en catro categorías:
(A=Ed. Infantil; B=1º e 2º; C=3º e 4º; D=5º e 6º).

3.As obras serán de tema e extensión libres, presentaranse baixo un título e un pseudónimo, con un sobre pechado no que por fóra constará o título do conto e o pseudónimo, e que conteña no seu interior o nome e os apelidos do autor, o seu domicilio, e número de teléfono.

4.O prazo de recepción das obras rematará o día 16 de marzo do ano dous mil doce, e entregaranse na secretaría do Colexio.

5.O xurado estará presidido polo señor Director do C.E.I.P. “Ricardo Tobío” e formarán parte del a Presidenta da A.N.P.A., e tres persoas que designará a asociación. O xurado actuará en pleno, en sesión única, sendo necesaria a asistencia dos dous terzos dos seus membros.

6.O xurado valorará a orixinalidade literaria, a coherencia gramatical e a autonomía á hora de elaborar o conto por parte do alumnado. O xurado poderá declarar desertos un ou máis premios, se o considera oportuno.

7.A A.N.P.A. resérvase o dereito de publicación das obras entregadas, e os exemplares aportados ao concurso serán propiedade da Asociación.
8.A presentación das obras supón a aceptación destas bases por parte dos seus autores.

Desde o equipo de biblioteca querémoslles lembrar aos participantes que contarán co noso apoio e cos dos titores para revisar as obras escritas se fose precioso. Así que …animádevos e a escribir!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.