30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ
29 Xan 2012 Deixar un comentario
en Sen clasificar
Co moitivo da celebración do día da Paz, o equipo de biblioteca seleccionamos
un conxunto de libros que vos poden interesar e que están relacionados con esta temática: convivencia, paz, solidaridade…
Aquí vos deixamos a descrición dalgún deles, pero podedes atopar moitos máis no expositor da Biblioteca.
BAILAR NAS NUBES
29 Xan 2012 Deixar un comentario
en Sen clasificar
“Todas as mañás saía da miña casa para ver as nubes. O meu soño era bailar con elas algún día. A miña nai dicía que me esquecese diso, que só os paxaros eran quen de tocalas…”
A través do soño dunha nena que desexa bailar coas nubes, este libro reflexiona
sobre a importancia do intercambio cultural e do respecto entre persoas de diferentes procedencias. As súas páxinas, nas que se aprecia unha presenza constante do folklore latinoamericano, contan a historia dun pobo que vai crecendo co paso do tempo, con novos habitantes que constrúen fogares e comparten experiencias colectivamente.
Texto e ilustracións: VANINA STARKOFF
Tradución: MANUELA RODRÍGUEZ
A HISTORIA DE ERIKA
29 Xan 2012 Deixar un comentario
en Sen clasificar
“Nacín en 1944. Non sei o día. Non sei que nome me puxeron. No sei en que cidade nin en que país vin ao mundo. Tampouco sei se tiven irmáns. O que sei é que cando a penas contaba cuns meses salváronme do Holocausto…”
Así comeza a historia estremecedora e impactante a de Erika, unha muller marcada polo seu pasado. A súa memoria imborrable é a dunha supervivente do maior xenocidio cometido no século XX. Con este libro KALANDRAKA agarda concienciar aos novos lectores de que nunca máis se repita tal traxedia e con el conmemorou tamén os 60 anos da liberación do campo de exterminio de Auschwitz.
EL SUEÑO DE PICASSO
29 Xan 2012 Deixar un comentario
en Sen clasificar
Cando era un neno, Pablo pintou dúas palomas brancas. Un día percatouse de que faltaba unha, botara a voar. Desde ese momento Pablo recorre o mundo debuxando e pintando mentres busca a súa pomba.
Un libro cheo de sentimento que nos axuda a coñecer mellor ao pintor do Guernica.
AUTORA: Marta Rivera Ferrer
EDITORIAL: Brosquil
GUERNICA
29 Xan 2012 Deixar un comentario
en Sen clasificar
Tralo bombardeo de Guernica por avións alemans en abril de 1937, Pablo Picasso convirte o lenzo e os pinceis no seu medio de expresión contra a guerra, pintando de negro, gris e branco os seus efectos devastadores e os símbolos dun futuro esperanzador: a nai co seu fillo morto, o soldado, o caballo e o touro, a flor que nace da espada rota, …
Unha historia chea de arte e sentimento. 
Texto: HELIANE BERNARD
Ilustracións: OLIVIER CHARPENTIER
Tradución: EMMA LÁZARE
LIBROS POLA PAZ: “O NACEMENTO DO DRAGÓN”
29 Xan 2012 Deixar un comentario
en Sen clasificar
Hai moito tempo, cando China estaba dividida en tribos, cada unha delas adoitaba elexir un espírito protector. Cada un deses espíritos tiña algo en común coa súa tribo: se ésta era de pescadores, o espírito era un peixe; se de xinetes, un cabalo; e os cultivadores de arroz elexiran o búfalo de auga que lles axudaba a cotío no seu labor. Pero, ademais de confiar nos espíritos para que as protexera, as tribos tamén loitaban entre sí no seu nome; e tanto pelexaban que os nenos, fartos da guerra, decidiron crear un espírito que representase a todas as tribos e as protexese a todas …Tomaron o corpo da serpe e pegáronlle as escamas do peixe. Colleron a cabeza do cabalo e puxéronlle os cornos do búfalo. Logo xuntaron a cabeza e o corpo, e engadíronlle as patas do paxaro […] e a aquel animal fabuloso chamáronlle dragón… Dende entón o dragón é para os chineses o símbolo da paz.
Historia, caligrafía e selos: WANG FEI
Textos: MARIE SELLIER
Ilustracións: CATHERINE LOUIS
Tradución: FERNANDO MOREIRAS







Comentarios recentes