IV MARATÓN DE LECTURA

Para celebrar a Semana do Libro, no CEIP Ricardo Tobio, convócase o IV Maratón de lectura. Durante os días 25, 26 e 27 pola tarde realizaranse lecturas na biblioteca. Poden ser os nenos, os mestres ou as familias as que acudan como lectores ou como oíntes. Todos aqueles que estedes interesados en participar podedes anotarvos nun día e nunha hora no panel que se encontra no taboleiro informativo da biblioteca.
Animádevos!!

FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS!

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

En diferentes lugares do mundo o 23 de abril celébrase o día internacional do libro e faise unha homenaxen ós escritores, lectores e á literatura en xeral. Varios países e cidades aproveitan esta conmemoración para lembar tradicións populares, como é o caso de Sant Jordi, en Cataluña.

Di a lenda que a cidade de Montblanc foi aterrorizada por un gran dragón que asustaba a todos e causou grandes danos entre persoas e animais.
Para tranquilizalo, os veciños acordaron dar ó dragón unha persoa en sacrificio e todos os días se celebraba un sorteo para escoller a persoa que se entregaba ó dragón.
Un día, a mala sorte tocoulle á filla do rei. Ela era unha bela moza moi admirada polos veciños, especialmente polo seu pai que se negaba a entregala en sacrificio. Vendo o sufrimento do rei moitos cidadáns se ofreceron para substituír a princesa, pero o rei non permitía que os outros tivesen que pagar pola sorte da súa filla. Ademais, estaba consciente de que a súa filla formaba parte do pobo e, polo tanto, debía seguir as regras ata entón acordadas.
Así, a princesa deixou a cidade. Camiñando lentamente cara ao gran dragón fixo unha pausa de pouco tempo para ollar o seu pobo con gran tristeza e resignación. De súpeto, cando menos esperaba, apareceu un novo cabaleiro de armadura montado nun cabalo branco. Vendoo, a princesa informouno dos riscos que podería sufrir naquel lugar, pero o señor negouse a saír e dixo que el estaba alí para salvala a ela e a todos os aldeáns.
Este cabaleiro, chamado Jordi, enfrentouse ó dragón. Libraron unha gran batalla ata que o cabaleiro le incrustou unha lanza o dragón. Do sangue que este derramou naceu un fermoso rosal que deu Jordi entregou á princesa tras vencer a batalla.

Así naceu a tradición de que o 23 de abril, o día de Sant Jordi, todos os namorados lle agasallen unha rosa ás súas noivas.

21 DE MARZO. DÍA DA POESÍA.

O 21 de Marzo celebrouse o día internacional da Poesía. Para conmemoralo, no CEIP Ricardo Tobío decidimos facerlle unha homenaxe a unha das poetas máis importantes da nosa terra: Rosalía de Castro. Aquí vos deixamos un video do acto. Esperamos que vos guste!!

CONTOS CON MÚSICA

Esta semana, o alumnado de Educación Infantil 5 anos e do primeiro ciclo de Primaria asistimos a un contacontos moi especial.

Viñeron ó noso cole Patri e Álex, dous mozos que traballan en “Kalandraka”, unha fábrica de libros. Eles adícanse a ir polos coles a contar contos, pero acompañados por instrumentos: acordeón, pandeireta, pitos…

Desta vez o seu contacontos tiña moito que ver co mundo do circo: Contáronnos a historia da Familia C, do Mago Goma e do elefante Pancho.

Gustáronnos moito os seus contos, pero o máis divertido foi poder acompañalos con cancións e coas nosas palmas!

 

CONTACONTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Esta semana varios alumnos de 5º comezaron a realizar sesións de contacontos para a educación Infantil na hora de lectura.

Na aula de 3 anos Mariña contou a historia de “Tío Lobo”, en 4 anos Paula leu o conto de “Amelia quere un can” e en 5 anos David leu “Eu non fun”.

Aos pequenos encantáronlles estas historias e escoitáronos con moita atención.

Ao longo do mes de febreiro realizaranse novos contacontos en Educación Infantil. Agardamos que para os próximos meses estes contacontos por parte do alumnado se poidan levar a cabo tamén nas aulas de primaria.

Moitas grazas a todos os que participades nesta iniciativa!

Todos os interesados en contar historias aos compañeiros de outras aulas poñédevos en contacto con algún mestre ou mestra do equipo de contacontos: Elena Méndez, Elena Sousa, Valentín ou Raquel.

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

Co moitivo da celebración do día da Paz, o equipo de biblioteca seleccionamos un conxunto de libros que vos poden interesar e que están relacionados con esta temática: convivencia, paz, solidaridade…

Aquí vos deixamos a descrición dalgún deles, pero podedes atopar moitos máis no expositor da Biblioteca.

BAILAR NAS NUBES

“Todas as mañás saía da miña casa para ver as nubes. O meu soño era bailar con elas algún día. A miña nai dicía que me esquecese diso, que só os paxaros eran quen de tocalas…”

A través do soño dunha nena que desexa bailar coas nubes, este libro reflexiona sobre a importancia do intercambio cultural e do respecto entre persoas de diferentes procedencias. As súas páxinas, nas que se aprecia unha presenza  constante do folklore latinoamericano, contan a historia dun pobo que vai crecendo co paso do tempo, con novos habitantes que constrúen fogares e comparten experiencias colectivamente.

Texto e ilustracións: VANINA STARKOFF 

Tradución: MANUELA RODRÍGUEZ

 

 

A HISTORIA DE ERIKA

 “Nacín en 1944. Non sei o día. Non sei que nome me puxeron. No sei en que cidade nin en que país vin ao mundo. Tampouco sei se tiven irmáns. O que sei é que cando a penas contaba cuns meses salváronme do Holocausto…”  

Así comeza a historia estremecedora e impactante a de Erika, unha muller marcada polo seu pasado. A súa memoria imborrable é a dunha supervivente do maior xenocidio cometido no século XX. Con este libro  KALANDRAKA agarda concienciar aos novos lectores de que nunca máis se repita tal traxedia e con el conmemorou tamén os 60 anos da liberación do campo de exterminio de Auschwitz.

EL SUEÑO DE PICASSO

Cando era un neno, Pablo pintou dúas palomas brancas. Un día percatouse de que faltaba unha, botara a voar. Desde ese momento Pablo recorre o mundo debuxando e pintando mentres busca a súa pomba.

Un libro cheo de sentimento que nos axuda a coñecer mellor ao pintor do Guernica.

AUTORA: Marta Rivera Ferrer

EDITORIAL: Brosquil

Anterior Entradas máis antigas

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.