21 DE MARZO. DÍA DA POESÍA.

Hoxe, 21 de Marzo, celebrase o día Mundial da Poesía. No CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío conmemorámolo con unha actividade moi especial. Asistimos a un contacontos sobre a poetisa Gloria Fuertes, xa que neste 2017 se cumpren 100 anos do seu nacemento. María Carrera, fíxonos disfrutar a mestres e alumnado coa historia de  “Hércules pasea con Gloria Fuertes”. Ademáis todos xuntos cantamos a canción “Un globo, dos globos, tres globos…” entre outras.

 

CERTAME DE CONTOS MESTRE AGRELO

Un curso máis convocamos o certame de contos “Mestre Agrelo”. Poderá participar todo o alumnado do centro e da EEI de Tal de Abaixo. As obras deberán estar escritas en Galego. O prazo de presentación é ata o 28 de Abril. Animádevos a escribir!!!!

IMAXE1.jpgPremio infantil de contos

MAQUETAS DE BARCOS E FAROS

Estimadas familias!!!

Tendo en conta que a exposición de castelos realizada o curso pasado foi todo un éxito grazas á vosa creatividade e bo facer, este ano queremos solicitar novamente a vosa colaboración.

Como xa sabedes, estamos inmersos nun proxecto sobre a idade moderna. Esta foi época de conquistas, descubrimentos, piratería,… As rutas marítimas e os desprazamentos en diferentes tipos de embarcacións foron de gran importancia. Por iso queremos organizar unha exposición de barcos e faros feitos con material de refugallo.

Por suposto a participación é voluntaria, pero consideramos que é una actividade que vos permitirá disfrutar de momentos agradables en familia e sobre todo axudará a desenvolver a creatividade e a expresión plástica dos nenos e nenas.

Na rede podedes atopar multiples ideas. Indicámosvos unha serie de páxinas que poden ser do voso interese:

http://www.saudeter.com/barcos-con-material-recilado/

http://www.xn--quieromasdiseo-2nb.com/2013/06/reciclar-carton-haciendo-barcos-pequenos.html

Barco-pirata-Cartones-huevos1

http://www.imageneseducativas.com/manualidad-para-ninos-un-barco-pirata-materiales-reciclados/

barco entrecositas

http://entre-cositas.blogspot.com.es/2013/05/barco-velero-reciclado.html

Recordade que o máis importante é o proceso, e que o alumnado participe neste, non o resultado!

O prazo para entregar os traballos será o 19 de Abril

 

ENTROIDO NO COLE

O venres 24 de febreiro celebramos o entroido no cole. Dende infantil (disfrazados de piratas) ata 6º de Educación Primaria, desfilamos polo patio, recitamos unha murga e rematamos, xunto coas familias, gozando de doces do entroido. Para o vindeiro curso esperamos repetir!20170224_132049

MANDADIÑOS DE MIGUIÑA

16730897_1003010349843486_530303753_nCoa chegada do entroido, Miguiña xa ten preparados os seus mandadiños:

LUNS: Na Idade Moderna a xente quería estar moi cuca, por iso todos poñían perruca.

MARTES: Para guapos estar, puntillas e lazos debían levar!!!

MÉRCORES: Ademais de perruca e do traxe, era importante a maquillaxe. A cara branca é a parte que máis campa!!!

XOVES: Probamos con todo xunto? Perruca, lazos, puntillas, maquillaxe… e de revés o traxe!!!

MIGUIÑA XA ESTÁ AQUÍ CON NOVAS PREGUNTAS

Como estamos a piques de comezar o proxecto sobre a Idade Moderna, Miguiña quere facernos unhas preguntiñas:

  • Cal é o acontecemento que marca o inicio da Idade Moderna?
  • Con que acontecemento remata a Idade Moderna?preguntina-miguina-idade-moderna

Tedes ata o venres 17 para contestar. Debedes introducir as vosas respostas xunto co voso nome e curso na urna laranxa que está xunto a Miguiña. Cada alumno/alumna só pode introducir unha  papeleta coa resposta. Entre os acertantes sortearase un pequeno agasallo.

Animádevos a participar!

MURGAS

Xa estamos a piques de entrar no mes de Febreiro!! Mes do Entroido, época de troula e de disfraces pero tamén de MURGAS.

As murgas son cancións con letras que tratan temas de  actualidade e interese social de maneira burlesca e divertida, normalmente con melodías de temas coñecidos. Na zona de Esteiro e Muros son bastante típicas.

Desde o equipo de Biblioteca queremos solicitar, un ano máis, a vosa colaboración para a creación de pequenas murgas en familia.

Estas deberán ser orixinais e tratar algún tema de  interese para a comunidade educativa. Debedes indicar, tamén, a música que as murgasacompañaría.

O prazo para entregalas remata o venres 17de Febreiro.

Serán interpretadas o venres 24 tras o desfile de Entroido

Recordade que  é unha actividade voluntaria pero moi interesante.

Animámosvos a participar!

Anterior Entradas máis antigas