LETRAS GALEGAS 2020. AS NOSAS PALABRAS E EXPRESIÓNS

Con motivo da celebración das Letras Galegas, pediuselle ao alumnado do centro que nos enviasen as súas palabras ou expresións preferidas en lingua galega, a poder ser, que se empreguen na zona. Con todas elas elaboramos un pequeno vídeo que agardamos que vos guste.

O galego é unha lingua fermosa e a súa riqueza é incalculable. Cada zona ten a súa propia forma de falalo e non só os rasgos dialectais están presentes, senón tamén o vocabulario e as expresións que se empregan distan moito dunhas zonas a outras. Por iso, aproveitamos esta data para publicar unha compilación de palabras e expresións moi habituais de Esteiro e Muros achegadas polas familias.

A intención era crear un programa de radio con elas, pero a situación que estamos a atravesar dificultao bastante. Aínda así, e para que pasedes un rato entretido adxuntámolas en un par de documentos. Algunhas están bastante estendidas e non se usan só na nosa zona, pero outras, ben divertidas e curiosas por certo, está claro que si.

Se ao lelas atopades algún erro ou  se vos ocurren algunhas outras que falten na lista, podedes deixar os vosos comentarios.

PALABRAS DA ZONA DE ESTEIRO.docx

EXPRESIÓNS DA ZONA.docx

expresións

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: