HISTORIAS SEN FIN: A VACA QUE PUXO UN OVO.

Radio Laretas, a radio da nosa biblioteca, conta con unha sección de audiocontos. Nenos e nenas do cole póñenlle voz ás historias. Desta vez, Anxo, alumno de 4º, presentado polo seu compañeiro Alberte, cóntanos “A vaca que puxo un ovo”. Podedes escoitalo no seguinte enlace.

A VACA QUE PUXO UN OVO

Lembrade que podedes escoitar todos os podcast que creamos na radio da nosa biblioteca na canle de Ivoox de Radio Laretas

RADIO LARETAS

E incluso podedes subscribirvos para enterarvos de todas as novidades

SUSCRIBIRME A RADIO LARETAS

Advertisements

LARETANDO CON…”BOLATO”

Rodrigo Molinos,  Bolato, é un veciño de Esteiro ao que todos coñecemos. É un gran afeccionado ao teatro e conta historias que dá gusto oílo. Hoxe estivo no noso centro para participar na entrega dos premios do certame de contos “Mestre Agrelo”. Fíxonos emocionarnos e rir con dous contos de Xosé Agrelo, pero ademais, concedeunos esta entrevista para Radio Laretas. As encargadas de facerlle as preguntas foron Noelia e Desi, axudantes de biblioteca.

Podedes escoitala neste enlace:

LARETANDO CON…RODRIGO MOLINOS

Moitas grazas, Bolato, por poder contar sempre contigo!

IMG-20180525-WA0005.jpg

LARETANDO CON…TANIA FUEGHO

Hoxe tivemos unha convidada moi especial no colexio. Visitounos Tania Fuegho, unha coñecida cantante de Mazaricos.

Tania participou no acto que se celebrou para conmemmorar a celebración das Letras Galegas. Falounos do gran amor que ten pola nosa lingua e polos rasgos dialectais da súa zona. Tamén nos deixou abraiados coa súa gran voz interpretando a canción de Juan Pardo “A fala- Falade Galego”.

Pero ademais de todo isto, concedeunos unha entrevista para Radio Laretas. As axudantes de biblioteca, Lola e Raquel, foron as encargadas de facerlle unha serie de preguntas sobre a súa carreira como cantante. Tania respondeu a todas moi alegremente.

Deixamos enlace para que poidades escoitala.

LARETANDO CON…TANIA FUEGHO

Moitísimas grazas por todo, Tania!

IMG-20180525-WA0004

RESUMO DA SEMANA CULTURAL ADICADA Á IDADE CONTEMPORÁNEA.

Esta semana estivo cargadiña de actividades relacionadas co proxecto anual que estamos a desenvolver sobre a Idade Contemporánea. O alumnado participou en obradoiros de pintura, radio, cómic, xogos olímpicos, charlestón, e tamén puideron facerse fotos nun photocall moi espacial. O colexio engalanouse para tal ocasión con recunchos adicados aos medios de comunicación, a revolución  industrial,ao espazo, ao cómic, aos inventos, ás cidades, a arte,… Pudemos disfrutar tamén, grazas á colaboración das familias, dunha exposición de medios audiovisuais e tecnolóxicos antigos. Non faltou tampouco a festa final. Un guateque con música dos anos 60 e con petiscos tamén aportados polas familias.

Esta semana resultou un éxito grazas a implicación de toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias, persoal non docente,…

Deixámosvos un video que resume esta semana e tamén o enlace ao programa da TVG A Revista, que realizou dúas conexións en directo co noso centro.

http://www.crtvg.es/tvg/programas/a-revista

OBRADOIRO DE RADIO. RECUNCHO LITERARIO

Desbordante imaxinación ten o alumnado de cuarto, que participou no obradoiro de radio narrando historias que crearon na aula. Podedes escoitalas no seguinte enlace.

RECUNCHO LITERARIO

IMG-20180426-WA0010

OBRADOIRO DE RADIO. ENTREVISTAS A PERSONAXES RELEVANTES DO MUNDO DO CINE.

Ademais da creación dun noticieiro, outra das actividades levadas a cabo no obradoiro de radio foi a realización de entrevistas a personaxes relevantes do mundo do cine, tales como Marilyn Monroe, Charles Chaplin, Penélope Cruz ou Alfred Hitchcock.

Podedes escoitalas nos seguintes enlaces.

ENTREVISTA A MARILYN MONROE

ENTREVISTA A CHARLES CHAPLIN

ENTREVISTA A PENÉLOPE CRUZ

ENTREVISTA ALFRED HITCHCOCK

IMG-20180426-WA0009

OBRADOIRO DE RADIO. NOTICIEIRO

Moi, pero que moi productivo, resultou o obradoiro de Radio que o alumnado do Colexio Ricardo Tobío fixo hoxe con Laura Abel Asorey, mestra de inglés.

Este obradoiro enmarcase dentro das actividades que se están a levar a cabo no centro  con motivo da semana cultural adicada a idade contemporánea, temática do proxecto anual de este curso no que, ademais de moitos outros aspectos, se está abordando a evolución dos medios de comunicación

Unha das propostas deste obradoiro foi a creación dun noticieiro  no que o alumnado nos fala de noticias da escola, da contorna, deportivas, e incluso introducen publicidade.

Non deixeides de escoitalo, para iso só tedes que clicar neste enlace. Vaivos gustar!!!

NOTICIEIRO

 

Anterior Entradas máis antigas