MURGAS PARA O ENTROIDO

Está moi próxima a festa do Entroido, época troula, disfraces, orellas, filloas, e MURGAS.

Desde o equipo de Biblioteca queremos solicitar, un ano máis, a vosa colaboración para a creación de pequenas murgas en familia.

Estas deberán ser orixinais e tratar algún tema de actualidade ou de interese para a comunidade educativa. Debedes indicar, tamén, a música que as 1820H3acompañaría.

O prazo para entregalas remata o venres 29 de Xaneiro.

Serán interpretadas o venres 5 tras o desfile de Entroido

Recordade que  é unha actividade voluntaria pero moi interesante.

Animámosvos a participar!

Deixar un comentario