O MELLOR AGASALLO PARA ESTE NADAL… UN LIBRO!!

diapositiva1diapositiva2

BOLETÍN DE LECTURAS PARA O NADAL

SESIÓN DE CONTACONTOS CON PACO NOGUEIRAS

Hoxe tivemos na nosa Biblioteca ao actor, músico e narrador Paco Nogueiras.  Piñeiro, Renato , A árbore da escola e Mr. Magnolia foron as obras escollidas este ano para unha divertidisima sesión con contos dos bosques e os seus habitantes. O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º curso disfrutou enormemente das historias e da música. Todos xuntos remataron cantando Cos pés na terra. Un ano máis foi un exitazo!!

20161216_13115320161216_13183220161216_13291620161216_133631

LIBROS EN DIFERENTES FORMATOS (LIBRARÍA AENEA)

Hoxe tivemos na nosa Biblioteca a Lola, da Libraría Aenea, de Santiago. Mostrounos moitísimos libros dos que ten na súa tenda. Libros en diferentes formatos: grandes, pequenos, en pop-up, desplegables, con forma de puzle,… Contounos varias historias e falounos do argumento de algúns deles.

Sempre é un pracer escoitar a Lola, xa que conta con uns fondos de moita calidade na súa libraría e ademais coñeceos a perfección.

Desde o equipo da biblioteca queremos darlle as grazas por desprazarse ata o noso centro e tamén queremos agradecer  o seu interese ás familias que se achegaron á biblioteca.

15356142_956789087798946_1626689053_n15356890_956789177798937_250643115_n15401433_956789044465617_825622243_n15416869_956789207798934_1127633562_n15451232_956788537799001_514121208_n

AENEA

Este venres, día 9 de Decembro, estará na nosa biblioteca Lola, da libraría AENEA de Santiago, con unha mostra dos fondos que teñen na súa tenda.

Presentaralles ao alumnado títulos que poidan resultar do seu interese e  fará un contacontos para os máis pequenos.

Ás 12.00, as familias interesadas poderán achegarse ao centro para coñecer os libros que Lola nos ofrece e se o consideran oportuno mercar algún.

http://www.aenea.es/

logotipoaenea-tif