RESUMO DA SEMANA CULTURAL ADICADA Á IDADE CONTEMPORÁNEA.

Esta semana estivo cargadiña de actividades relacionadas co proxecto anual que estamos a desenvolver sobre a Idade Contemporánea. O alumnado participou en obradoiros de pintura, radio, cómic, xogos olímpicos, charlestón, e tamén puideron facerse fotos nun photocall moi espacial. O colexio engalanouse para tal ocasión con recunchos adicados aos medios de comunicación, a revolución  industrial,ao espazo, ao cómic, aos inventos, ás cidades, a arte,… Pudemos disfrutar tamén, grazas á colaboración das familias, dunha exposición de medios audiovisuais e tecnolóxicos antigos. Non faltou tampouco a festa final. Un guateque con música dos anos 60 e con petiscos tamén aportados polas familias.

Esta semana resultou un éxito grazas a implicación de toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias, persoal non docente,…

Deixámosvos un video que resume esta semana e tamén o enlace ao programa da TVG A Revista, que realizou dúas conexións en directo co noso centro.

http://www.crtvg.es/tvg/programas/a-revista

OBRADOIRO DE RADIO. RECUNCHO LITERARIO

Desbordante imaxinación ten o alumnado de cuarto, que participou no obradoiro de radio narrando historias que crearon na aula. Podedes escoitalas no seguinte enlace.

RECUNCHO LITERARIO

IMG-20180426-WA0010

OBRADOIRO DE RADIO. ENTREVISTAS A PERSONAXES RELEVANTES DO MUNDO DO CINE.

Ademais da creación dun noticieiro, outra das actividades levadas a cabo no obradoiro de radio foi a realización de entrevistas a personaxes relevantes do mundo do cine, tales como Marilyn Monroe, Charles Chaplin, Penélope Cruz ou Alfred Hitchcock.

Podedes escoitalas nos seguintes enlaces.

ENTREVISTA A MARILYN MONROE

ENTREVISTA A CHARLES CHAPLIN

ENTREVISTA A PENÉLOPE CRUZ

ENTREVISTA ALFRED HITCHCOCK

IMG-20180426-WA0009

OBRADOIRO DE RADIO. NOTICIEIRO

Moi, pero que moi productivo, resultou o obradoiro de Radio que o alumnado do Colexio Ricardo Tobío fixo hoxe con Laura Abel Asorey, mestra de inglés.

Este obradoiro enmarcase dentro das actividades que se están a levar a cabo no centro  con motivo da semana cultural adicada a idade contemporánea, temática do proxecto anual de este curso no que, ademais de moitos outros aspectos, se está abordando a evolución dos medios de comunicación

Unha das propostas deste obradoiro foi a creación dun noticieiro  no que o alumnado nos fala de noticias da escola, da contorna, deportivas, e incluso introducen publicidade.

Non deixeides de escoitalo, para iso só tedes que clicar neste enlace. Vaivos gustar!!!

NOTICIEIRO

 

OBRADOIRO DE PINTURA CON MONTSE PARÍS. ARTISTA MURADÁ.

Hoxe tivemos a gran sorte de ter no noso centro a Montse París, unha artista da vila de muros, que estivo impartindo uns obradoiros de pintura para o alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria.

Neste actividade, Montse faloulles aos nenos e nenas de mulleres pintoras actuais, moitas delas Galegas e algunhas tamén da vila de Muros. Observaron diferentes estilos de pintura. Mostroulles os seus útiles de traballo e finalmente visualizaron un dos seus cadros, que leva por título Sofía, que serviu de inspiración para que o alumnado se puxese a pintar.

Posteriormente, Montse permitiu que lle fixésemos unha entrevista para a nosa radio. Podedes escoitala no seguinte enlace.

ENTREVISTA A MONTSE PARÍS

Agradecemos enormemente a súa colaboración e agardamos poder contar con ela noutras ocasións.

 

ESCOITANDO RADIO LARETAS

Nesta entrada gustaríanos informarvos de cómo podedes escoitar os programas de radio  que estamos a realizar na escola grazas ao proxecto Radio na Biblio.

Podedes suscribirvos ao noso programa a través do seguinte enlace

https://www.ivoox.com/s_p2_564038_1.html

Hay varias formas de facelo, dúas delas son a través dun correo electrónico ou descargando a aplicación para móbiles.

Agardamos que nos escoitedes.

 

DÍA DO LIBRO

O luns, 23 de Abril, celebrouse o día do libro. Para conmemorar esta data, coincidindo co acto de inauguración da nosa semana cultural, visionamos a curta “Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore”.

Tamén cantamos de maneira conxunta a canción de Migallas “O libro máxico”.

Finalmente, o alumnado axudante da biblioteca, dramatizou para o alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria o conto de “A casa da mosca chosca”.

btybty

INAUGURACIÓN DA SEMANA CULTURAL ADICADA Á IDADE CONTEMPORÁNEA.

Este luns, día 23, inauguramos a nosa semana cultural relacionada coa Idade Contemporánea. Como xa sabedes, tras varios anos paseando pola historia, o proxecto anual que estamos a desenvolver este ano no centro, xira en torno a este centro de interese: a época Contemporánea.

Todas as aulas investigaron temas relacionados con este período histórico: a revolución industrial, a conquista do espazo, os inventos, a evolución dos medios de comunicación, a literatura, a arte…

A este acto de inauguración asistiu a alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso, que adicou unhas palabras ao alumnado e ao profesorado animándoos a disfrutar desta semana.

Tamén se proxectou un video con imaxes que recolle parte do traballo feito, nos ultimos anos, no marco deste proxecto plurianuall con temática histórica.

Adxuntámolo a esta publicación para que poidades disfrutalo!

btyIMG-20180419-WA0004

OBRADOIRO DE RADIO

Esta semana, parte do alumnado de cuarto, quinto e sexto de Primaria, entre os que se encontraban os axudantes de biblioteca, participaron nun obradoiro de radio da man de Javier Prado. Comezaron con varios xogos para traballar o emprego da voz e ser conscientes da importancia da locución na radio. Logo tiveron q enfrontarse a varios retos para, de xeito grupal, crear varios programas de radio seguindo unha escaleta e creando un guión. Un destes programas era de entrevistas sobre libros q leran recentemente. Outro consistiu na narración dun conto incluindo efectos sonoros. Por último, outro grupo preparou un programa sobre a contorna do concello. Dando a coñecer fermosos lugares, festas e tradicións de Esteiro.

Finalmente o alumnado fixo a gravación destes programas que estamos preparando para subir a nosa canle de Ivox. Pronto vos daremos as indicacións para acceder a nosa canle de podcast e así poder escoitalos.