LARETANDO CON…PEPE FERREIRÓS

No marco do proxecto A música das nosas vidas recibimos a visita de Pepe Ferreirós, integrante do grupo musical Milladoiro.

Pepe estivo no salón de actos co alumnado do centro, pero tamén nos concedeu unha entrevista para Radio Laretas. O alumnado de cuarto foi o encargado de preparala e de facerlle as preguntas. Podedes escoitala na seguinte ligazón. Agardamos que a disfrutedes, xa que é todo un luxo escoitalo.

https://www.ivoox.com/entrevista-a-pepe-ferreiros-audios-mp3_rf_103087394_1.html

TRIUNFA COA VOZ. EDICIÓN SENIOR. ENTREVISTA ÁS GAÑADORAS

O venres 10 de Febreiro celebrouse no salón de actos do colexio a primeira edición do concurso de talentos Triunfa coa voz na modalidade Senior. Foron varios os avós e avoas do colexio que se animaron a vir a cantar temas da súa época. O alumnado, e as familias que se achegaron ao salón de actos, puideron disfrutar das emotivas e divertidas actuacións.

O xurado tivo que tomar unha difícil decisión para escoller ao gañador ou gañadora. Finalmente foron Marisa e Isabel, avoas de Laia e Erick e de Camila, Lucía, Mariña e Ximena, as que recibiron maior puntuación. A canción que interpretaron foi El Puente. Con ela animaron moito ao público.

Para saber máis sobre estas avoas gañadoras, o alumnado de quinto preparou unha entrevista.

Podedes escoitala na seguinte ligazón

https://www.ivoox.com/entrevista-as-avoas-ganadoras-triunfa-coa-voz-audios-mp3_rf_103088179_1.html

Moitas grazas Marisa e Isabel polo voso bo humor e boa disposición.

Por suposto, tamén, moitas grazas a todos os participantes desta edición.

Agora é a quenda dos pais e nais. Cales serán as súas cancións preferidas? Con que temas nos farán disfrutar ? Pronto o descubriremos!!

13 DE FEBREIRO. DÍA MUNDIAL DA RADIO

Hoxe, 13 de Febreiro, celébrase o Día Mundial da Radio. Con este motivo, o alumnado de sexto preparou un programa especial para coñecer mellor a historia de Radio Laretas.

Tiveron a gran idea de entrevistar a Miguiña, a mascota da nosa biblioteca, quen lles contou como comezou a funcionar Radio Laretas, por que ten ese nome,…

Podedes escoitar o programa na nosa canle de Ivoox

https://go.ivoox.com/rf/102548553

Tamén o compartimos cos amigos de Ponte nas Ondas e o noso podcast aparece na súa web xunto con moitos outros de centros de ensino galegos e portugueses

http://escolasnasondas.com/

Agardamos que o disfrutedes e vos sirva para coñecer mellor a nosa radio

CHEGA O ENTROIDO E OS MANDADIÑOS DE MIGUIÑA

Estamos en pleno proxecto musical e e chega o carnaval!

Por iso Miguiña nos trae uns mandadiños cheiños de ritmo!

O Luns comezamos a brillar: purpurina, lentejuelas…

Na roupa ou na cara, o caso é deslumbrar.

O martes imos de festival musical con roupa colorida e atrevida.

Non será O Son do Camiño, pero seguro que nos divertimos,

O mércores, tal cual cantantes famosos que queren pasar desapercibidos,

levaremos perruca e gafas de sol para non ser recoñecidos.

Despois de tanta troula, o xoves toca descansar.

Antes da festa do venres, o pixama non pode faltar.

O venres, ademais de disfraces, música e cancións,

Teremos un gran espectáculo con moitas actuacións.

OBRADOIRO DE EXPERIMENTACIÓN E CREACIÓN MUSICAL

Este luns, día 30, o alumnado de quinto e sexto de primaria participou nun obradoiro de experimentación e creación musical na biblioteca.
Esta actividade pretende achegar á rapazada á produción de música contemporánea dun xeito lúdico, interactivo e colaborativo, dándolles a posibilidade de experimentar con diferentes aparellos sonoros e instrumentos musicais. A actividade enmárcase na
biblioteca e na súa potencialidade como makerspace: un espazo creativo e social, máis aló da sala de estudo e lectura, no que aprender experimentando e xogando.

O alumnado foi pasando en grupos de sete nenos e nenas. Houbo unha explicación de como funcionan os diversos aparellos e instrumentos, permitíuselle á rapazada probalos e experimentar con eles e realizáronse diversos xogos de ritmo. Foi unha actividade moi divertida!