No marco do proxecto A música das nosas vidas recibimos a visita de Pepe Ferreirós, integrante do grupo musical Milladoiro.
Pepe estivo no salón de actos co alumnado do centro, pero tamén nos concedeu unha entrevista para Radio Laretas. O alumnado de cuarto foi o encargado de preparala e de facerlle as preguntas. Podedes escoitala na seguinte ligazón. Agardamos que a disfrutedes, xa que é todo un luxo escoitalo.
O venres 10 de Febreiro celebrouse no salón de actos do colexio a primeira edición do concurso de talentos Triunfa coa voz na modalidade Senior. Foron varios os avós e avoas do colexio que se animaron a vir a cantar temas da súa época. O alumnado, e as familias que se achegaron ao salón de actos, puideron disfrutar das emotivas e divertidas actuacións.
O xurado tivo que tomar unha difícil decisión para escoller ao gañador ou gañadora. Finalmente foron Marisa e Isabel, avoas de Laia e Erick e de Camila, Lucía, Mariña e Ximena, as que recibiron maior puntuación. A canción que interpretaron foi El Puente. Con ela animaron moito ao público.
Para saber máis sobre estas avoas gañadoras, o alumnado de quinto preparou unha entrevista.
Comentarios recentes