OS NOSOS PODCAST PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe, 17 de Maio, como xa sabedes, celébrase o Día das Letras Galegas, que desta vez se lle adican a Francisco Fernández del Riego.

Para coñecer máis sobre este escritor, o alumndo de 3º tivo unha idea fantástica. Entrevistaron a Meixelas, a mascota do equipo de Dinamización da Lingua Galega, para coñecer os aspectos máis relevantes da súa vida e obra. Podedes escoitar este podcast na seguinte ligazón

https://www.ivoox.com/player_ej_108452922_6_1.html?c1=5a3b33

E para saber máis cousas sobre a historia da nosa lingua os nenos e nenas de quinto prepararon un programa de cartas moi interesante. Non deixedes de escoitalo

https://www.ivoox.com/player_ej_108453437_6_1.html?c1=5a3b33

Os nenos e nenas de infantil tamén quixeron participar nun programa sobre as letras Galegas. Estiveron en Radio Laretas falándonos das súas palabras, contos e cancións preferidas en galego.

https://www.ivoox.com/player_ej_108453313_6_1.html?c1=5a3b33

TRIUNFA COA VOZ JUNIOR

Despois de dúas edicións do concurso de talentos Triunfa coa Voz, nas que participaron primeiro os avós e avoas e logo os pais e nais, chega o momento dos nenos e nenas do colexio.

O 24 e 25 de Maio terán a oportunidade de facernos disfrutar coas súas actuacións. Será a partir das 12.00 no salón de actos do centro.

Sara e María, de primeiro de Primaria, e Julia e Carmen,de segundo curso, convídanvos a asisistir a esta gran gala neste podcast

https://www.ivoox.com/player_ej_107872681_6_1.html?c1=2b234b

Tamén o fan Alexandra e Eire, de primeiro curso, xunto con Julia e Carmen, neste video que fixemos para probar o croma do novo espazo maker.

https://drive.google.com/file/d/1CVEErUzwuIE4CRuMzS48FC68965ukLn-/view?usp=sharing

DISFRUTAMOS E APRENDEMOS CON BRAIS DAS HORTAS

O pasado luns, 24 de Abril, recibimos unha visita fantástica no cole. Brais das hortas fíxonos disfrutar coas súas cancións e ademais falounos sobre o proceso de creación das mesmas. Foi moi interesante e divertido.

Esta actividade enmárcase no proxecto “A música das nosas vidas” que estamos a desenvolver no centro. Brais xa é un dos cantantes preferidos dos nenos e nenas do cole.