DISFRUTAMOS E APRENDEMOS CON BRAIS DAS HORTAS

O pasado luns, 24 de Abril, recibimos unha visita fantástica no cole. Brais das hortas fíxonos disfrutar coas súas cancións e ademais falounos sobre o proceso de creación das mesmas. Foi moi interesante e divertido.

Esta actividade enmárcase no proxecto “A música das nosas vidas” que estamos a desenvolver no centro. Brais xa é un dos cantantes preferidos dos nenos e nenas do cole.

Deixar un comentario