Coñecendo o roteiro do poeta Añón. Actividades do club de lectura.

O pasado día 31 de maio os integrantes do club de lectura fixeron parte do Roteiro do Poeta Añón en Outes, para logo ir a rematar este día de excursión na praia de Broña.

Nos días previos á excursión falamos algo da vida e obra do poeta de Outes para logo, o día da excursión, ahegarnos a Boel, a súa aldea natal, e recitar 2 dos seus poemas “A miña enfermidade” e “A Galiza”. Logo seguimos o curso do río Tines ata chegar ao Concello, onde recitamos outro dos seus poemas “A torre de Hércules”. Finalmente fomos a disfrutar dun baño, merenda e xeados na praia de Broña.

Aproveitamos tamén este artigo para compartir con vós outra das actividades do club. Cada integrante levou á casa un libro de poesía e elixeu o poema que máis lle gustou, para recitalo na radio. A continuación poñemos a dirección de ivoox na que o podedes escoitar.

https://www.ivoox.com/lemos-poemas-no-club-lectura-audios-mp3_rf_130174278_1.html

Agora toca descansar, gozar do verán e seguir “Voando coa lectura” nestes días de lecer…. Boas lecturas!!

Deixar un comentario