VOLTA AO COLE POLO 50 ANIVERSARIO

O 6 de maio, vivimos no Ricardo Tobío unha xornada moi especial. Enmarcado dentro das actividades polo 50 aniversario do cole, tivemos a visita dalgúns dos profes que pasaron por el, a maioría deles agora xa xubilados. Vaia por diante que, como dí o dito “ainda que son todos os que están non están todos os que son”…sería imposible telos a todos con nós, pero dende aquí un agradecemento a todos e todas os que nalgún momento adicaron os seus esforzos para levar adiante ás xeracións de nenos e nenas que por aquí pasaron e…non ensinarlles só contidos senon tamén, e quizáis o máis importante, valores e actitudes ante a vida.

Como dicía, foi un día moi emotivo. Viñeron a recordar outras épocas do cole con nós: Amado, María, Lourdes, Mei, Mari Loli, Isabel, Carmen e Daniel Pino. Primeiro recibímolos todos xuntos no salón de actos, que tiña sido a primeira aula do profe Pino cando chegara ao cole, alá polo ano 83. No seguinte enlace podedes ver o intre da súa entrada no salón de actos con todo o colexio aplaudíndolles.

https://drive.google.com/file/d/1Zz3j7dF5cVgBbbIow-ulpTiSDbwPg7qd/view?usp=sharing

Logo a coordinadora de Biblioteca e a nosa directora, Silvia, tiveron unhas palabriñas. Seguidamente vimos unha presentación de fotos que Raquel, integrante do equipo de biblioteca, montou, poñendo un fermoso fondo musical creado polo noso profe de música, Gonzalo. Podedes velo no seguinte enlace.

https://drive.google.com/file/d/1eNMqxrp8Tugw1ARyGZwhaAL16V3INZqi/view?usp=drivesdk

Logo cada profe foi a unha aula do cole para falar máis polo miúdo sobre o que foi para eles profesional e personalmente o seu paso polo cole. Aí van unhas fotiños.

Daniel Pino co alumnado de primeiro diante dun bidueiro plantado por el coa axuda do alumnado e outros profesores, que fixeron posible que disfrutemos hoxe das árbores que temos polo patio adiante.

Tras este encontro cercano co alumnado tocaba recordar tempos co profesorado arredor dunha mesa.

Trala comida chegou Sonia, a nai de Laia de 1º, que está a facer unha labor de recopilación das vivencias de pais e avós do cole a través dun video documental. Nesta ocasión tocáballes aos profes aportar a súa visión, gravando en diferentes partes do cole.

Aparte dos que se ven na foto tamén estivo con nós para recordar outros tempos o profe Taxes. E por se todo esto fora pouco…. A guinda ao pastel deste día foi a presenza do querido e inesquecible conserxe Quino, que estivo no cole dende antes de abrirse o cole, alá polo 1973, ata a súa xubilación. Estivo contándonos anécdotas sentado nun banco do patio do seu querido colexio.

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS OS QUE FACEDES POSIBLE ESTAS ACTIVIDADES, QUE DE SEGURO SERÁN RECORDADAS CON AGARIMO. ÁNIMO E A POR OUTROS 50!