LARETANDO CON…”BOLATO”

Rodrigo Molinos,  Bolato, é un veciño de Esteiro ao que todos coñecemos. É un gran afeccionado ao teatro e conta historias que dá gusto oílo. Hoxe estivo no noso centro para participar na entrega dos premios do certame de contos “Mestre Agrelo”. Fíxonos emocionarnos e rir con dous contos de Xosé Agrelo, pero ademais, concedeunos esta entrevista para Radio Laretas. As encargadas de facerlle as preguntas foron Noelia e Desi, axudantes de biblioteca.

Podedes escoitala neste enlace:

LARETANDO CON…RODRIGO MOLINOS

Moitas grazas, Bolato, por poder contar sempre contigo!

IMG-20180525-WA0005.jpg

LARETANDO CON…TANIA FUEGHO

Hoxe tivemos unha convidada moi especial no colexio. Visitounos Tania Fuegho, unha coñecida cantante de Mazaricos.

Tania participou no acto que se celebrou para conmemmorar a celebración das Letras Galegas. Falounos do gran amor que ten pola nosa lingua e polos rasgos dialectais da súa zona. Tamén nos deixou abraiados coa súa gran voz interpretando a canción de Juan Pardo “A fala- Falade Galego”.

Pero ademais de todo isto, concedeunos unha entrevista para Radio Laretas. As axudantes de biblioteca, Lola e Raquel, foron as encargadas de facerlle unha serie de preguntas sobre a súa carreira como cantante. Tania respondeu a todas moi alegremente.

Deixamos enlace para que poidades escoitala.

LARETANDO CON…TANIA FUEGHO

Moitísimas grazas por todo, Tania!

IMG-20180525-WA0004