AS LETRAS GALEGAS EN RADIO LARETAS

Con motivo da celebración das Letras Galegas, o alumnado do centro preparou varios podcasts en Radio Laretas.

LARETANDO CON …FLORENCIO DELGADO

Os nenos e nenas de sexto fixéronlle unha entrevista a Florencio Delgado, escritor homenaxeado este ano, para coñecer aspectos da súa vida e a súa obra

https://go.ivoox.com/rf/87218291

POEMAS Á MANEIRA DE…FLORENCIO DELGADO

O alumnado de quinto versionou un dos seus poemas “A caldeira”, tomando prestados os seus dous primeiros versos. Podedes escoitar a súa creación nesta ligazón

https://go.ivoox.com/rf/87218363

CUÑAS PUBLICITARIAS PARA PROMOVER A LECTURA DE POESÍA EN GALEGO

Para animar aos seus compañeiros e compañeiras a ler poesía en galego, o alumnado de terceiro curso de primaria preparou esta cuña publicitaria tan chula

https://go.ivoox.com/rf/87218478

Tamén os nenos e nenas de primeiro nos dan unha morea de motivos para ler poesía en galego neste podcast

https://go.ivoox.com/rf/87218574

Deixar un comentario