Poetizando con Sonia de Brea

O 21 de febreiro, cun mes de adianto, celebramos a poesía! Tivemos con nós a Sonia de Brea, nai de Laia, alumna de 1º. Veu á clase de 1º a presentarnos a súa “ópera prima “, Aloumiños de unicornio na que a ilustradora é a súa propia filla. Trátase dun poemario moi apropiado para os máis pequenos, con moito sentimento e doado de entender.

Sonia contounos como empezaba o proceso creador, a partir dun folio en branco, e como logo ían xurdindo as ideas e tomando forma. Falounos, entre outros, do seu poema preferido “O agasallo” no que recolle a emoción do nacemento da súa filla, facéndolles ver aos nenos e nenas que eles son o mellor agasallo tamén para seus pais.

Disfrutamos moito da súa presenza e dos seus poemas. Nai e filla leron xuntas o poema “O papaventos” .

Pasámolo moi ben escoitandoa e vendo os vídeos que nos preparou dalgún dos seus poemas. Tamen nos agasallou cun par de libros e escribeu unha agarimosa dedicatoria no libro de firmas da biblioteca.

A continuación unhas fotiños do encontro.

Deixar un comentario