Obradoiro de Origami con 5º e 6º

O alumnado de 4º tamén lles ensinou aos de 5º e 6º a facer un cubo coa técnica do origami, explicándolles os conceptos matemáticos que se levan a cabo para facer dito cubo. Esta é unha actividade que se enmarca dentro do programa da Xunta de Biblioteca Creativa.

Rematan aquí, con gran éxito, estes primeiros obradoiros que tanto nos gustaron. Noraboa 4º!!

Nesta ocasión ensináronnos a facer un cubo e….. que será a próxima vez? Esperamos que pronto teñamos novidades que comentarvos!!

A continuación unhas fotiños do obradoiro.

En busca do número π no día das Matemáticas

O 14 de marzo foi o día internacional das Matemáticas. A xeito de celebración o alumnado de 4º botouse a buscar polo patio e distintas zonas do colexio o número Pi.

As preguntas para motivar a actividade foron as seguintes:

-Ides ir medir polo cole adiante.

-O que?

-Que pensades que podemos medir no día internacional das matemáticas? No π- day ?

-Círculos!

-Circunferencias!

E así foi como se botaron a medir todo canto círculo e circunferencia atopaban, descubrindo que ao dividir o perímetro da circunferencia entre o seu diámetro daba sempre o mesmo número, o tan famoso número π!!

A continuación unhas fotos da actividade.

Recordando a infancia

Como sabedes o proxecto de centro deste curso pretende celebrar o 50 aniversario do noso cole, pero no proxecto non só se recolle a historia escolar dende que se edificou o centro, senon que vai un chisco máis alá e recolle as vivencias escolares daqueles nenos e nenas, que hoxe xa son avós e incluso bisavós, que estudaron nas escolas que había antes da construción do Ricardo Tobío.

Durante o primeiro trimestre recolleuse a información das familias e expúxose nos corredores do colexio. Ao mesmo tempo foise gravando, no chroma da aula maker do cole, un vídeo documental, gracias á colaboración de Sonia Brea, nai dunha alumna de 1º, que foi a encargada de facer as gravacións e posterior montaxe do vídeo.

O pasado luns 4 de marzo puxemos fin a esta primeira parte do proxecto co visionado do vídeo documental para as familias, xa que ao alumnado xa se lle ensinara con anterioridade. O vídeo inclúe un resumo da xornada de xogos que se fixo, o 26 de xaneiro, cos avós e bisavós e que tanto disfrutamos.

Queremos agradecer a colaboración a todas as familias que aportáchedes información para a exposición (fotos, documentos, material escolar, xoguetes…) e aos que vos animáchedes a participar no vídeo. A continuación tendes o enlace para poder acceder ao vídeo e velo e comentalo en familia. Esperamos que vos guste!!

https://drive.google.com/file/d/1U1IsbGnOFIFuE8FUY5Ph0mS14IlpOzyK/view?usp=sharing

Os mestres de 4º seguen cos seus obradoiros matemáticos

Seguimos coa actividade de Biblioteca Creativa. Desta volta os afortunados de seguir as instruccións do alumnado de 4º para facer un cubo coa técnica do Origami, foron os nenos e nenas de 3º que aprenden conceptos matemáticos de división, fraccións… mentras dobran o papel para obter un cubo.

Aí van unhas fotiños.