O 14 de marzo foi o día internacional das Matemáticas. A xeito de celebración o alumnado de 4º botouse a buscar polo patio e distintas zonas do colexio o número Pi.
As preguntas para motivar a actividade foron as seguintes:
-Ides ir medir polo cole adiante.
-O que?
-Que pensades que podemos medir no día internacional das matemáticas? No π- day ?
-Círculos!
-Circunferencias!
E así foi como se botaron a medir todo canto círculo e circunferencia atopaban, descubrindo que ao dividir o perímetro da circunferencia entre o seu diámetro daba sempre o mesmo número, o tan famoso número π!!
Como sabedes o proxecto de centro deste curso pretende celebrar o 50 aniversario do noso cole, pero no proxecto non só se recolle a historia escolar dende que se edificou o centro, senon que vai un chisco máis alá e recolle as vivencias escolares daqueles nenos e nenas, que hoxe xa son avós e incluso bisavós, que estudaron nas escolas que había antes da construción do Ricardo Tobío.
Durante o primeiro trimestre recolleuse a información das familias e expúxose nos corredores do colexio. Ao mesmo tempo foise gravando, no chroma da aula maker do cole, un vídeo documental, gracias á colaboración de Sonia Brea, nai dunha alumna de 1º, que foi a encargada de facer as gravacións e posterior montaxe do vídeo.
O pasado luns 4 de marzo puxemos fin a esta primeira parte do proxecto co visionado do vídeo documental para as familias, xa que ao alumnado xa se lle ensinara con anterioridade. O vídeo inclúe un resumo da xornada de xogos que se fixo, o 26 de xaneiro, cos avós e bisavós e que tanto disfrutamos.
Queremos agradecer a colaboración a todas as familias que aportáchedes información para a exposición (fotos, documentos, material escolar, xoguetes…) e aos que vos animáchedes a participar no vídeo. A continuación tendes o enlace para poder acceder ao vídeo e velo e comentalo en familia. Esperamos que vos guste!!
Comentarios recentes