Dobrando e pregando facemos un cubo!!

Dentro do programa de Biblioteca Creativa da Xunta, o alumnado de 4º continua cos seus obradoiros de Origami! Desta volta ensináronlle aos de 1º como facer cubos pregando papeis. Amosaron ter moita paciencia e lograron que pouco a pouco foran aparecendo, como por arte de maxia, sen texoiras nin pegamento, os cubos de cores.

Moitas gracias aos nenos e nenas de 4º por ensinarnos!!

Agora unhas fotiños e vídeos….

https://drive.google.com/file/d/1MeLslcrxtQbnXIUBvSx_CDTzDx4C5q4w/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1MzY_AK7ay1QaylejMyGvNDGixg6UyMnj/view?usp=sharing

Cantando e contando con Paco Nogueiras

O 28 de febreiro foi un día especial para o alumnado de infantil e de 1º ciclo. Tivemos a visita de Paco Nogueiras, cantante e contador de historias. Pasamos un rato moi entretido no que Paco nos presentou o seu novo traballo “Son animal”, que pronto verá a luz, e axudamos a Paco a contar e a cantar. Algúns dos contos que nos contou son: O elefante que perdera un ollo, Griselda, a araña ocupada… E cantounos algunha canción acompañado do seu acordeón. Tamén nos dou un pequeno adianto da súa próxima publicación e deixounos unha dedicatoria no noso libro de firmas.

Aí tendes unhas fotiños e algún pequeno vídeo….

https://drive.google.com/file/d/1oiRlDLqfG0Oa6xUhAKHMv789mAzbbwK9/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/10Dq_gsMexcmiyjUDIfnuDnUSryO0s0ns/view?usp=sharing

Poetizando con Sonia de Brea

O 21 de febreiro, cun mes de adianto, celebramos a poesía! Tivemos con nós a Sonia de Brea, nai de Laia, alumna de 1º. Veu á clase de 1º a presentarnos a súa “ópera prima “, Aloumiños de unicornio na que a ilustradora é a súa propia filla. Trátase dun poemario moi apropiado para os máis pequenos, con moito sentimento e doado de entender.

Sonia contounos como empezaba o proceso creador, a partir dun folio en branco, e como logo ían xurdindo as ideas e tomando forma. Falounos, entre outros, do seu poema preferido “O agasallo” no que recolle a emoción do nacemento da súa filla, facéndolles ver aos nenos e nenas que eles son o mellor agasallo tamén para seus pais.

Disfrutamos moito da súa presenza e dos seus poemas. Nai e filla leron xuntas o poema “O papaventos” .

Pasámolo moi ben escoitandoa e vendo os vídeos que nos preparou dalgún dos seus poemas. Tamen nos agasallou cun par de libros e escribeu unha agarimosa dedicatoria no libro de firmas da biblioteca.

A continuación unhas fotiños do encontro.

Os profes de Origami de 4º

Dentro do programa de Biblioteca Creativa o alumnado de 4º preparou un obradoiro de Origami.

O venres os nenos e nenas de 4º convertéronse en profes para os seus compañeiros de 2º. Primeiro ensaiaron na clase co seu profe Chus. Son uns expertos doblando papeis e sacando distintas figuras deles! Nesta ocasión ensináronlles aos de 2º a facer un cubo. Próximamente farán o mesmo cos de 1º que xa están impacientes por asistir ao seu obradoiro.

A continuación temos algunhas fotos do taller de Origami.