Recordando a infancia

Como sabedes o proxecto de centro deste curso pretende celebrar o 50 aniversario do noso cole, pero no proxecto non só se recolle a historia escolar dende que se edificou o centro, senon que vai un chisco máis alá e recolle as vivencias escolares daqueles nenos e nenas, que hoxe xa son avós e incluso bisavós, que estudaron nas escolas que había antes da construción do Ricardo Tobío.

Durante o primeiro trimestre recolleuse a información das familias e expúxose nos corredores do colexio. Ao mesmo tempo foise gravando, no chroma da aula maker do cole, un vídeo documental, gracias á colaboración de Sonia Brea, nai dunha alumna de 1º, que foi a encargada de facer as gravacións e posterior montaxe do vídeo.

O pasado luns 4 de marzo puxemos fin a esta primeira parte do proxecto co visionado do vídeo documental para as familias, xa que ao alumnado xa se lle ensinara con anterioridade. O vídeo inclúe un resumo da xornada de xogos que se fixo, o 26 de xaneiro, cos avós e bisavós e que tanto disfrutamos.

Queremos agradecer a colaboración a todas as familias que aportáchedes información para a exposición (fotos, documentos, material escolar, xoguetes…) e aos que vos animáchedes a participar no vídeo. A continuación tendes o enlace para poder acceder ao vídeo e velo e comentalo en familia. Esperamos que vos guste!!

https://drive.google.com/file/d/1U1IsbGnOFIFuE8FUY5Ph0mS14IlpOzyK/view?usp=sharing