DÍA DAS BIBLIOTECAS CON ANXO MOURE

Hoxe, 24 de Outubro, para conmemorar o día das Bibliotecas, tivemos unha visita moi especial.

Anxo Moure estivo na nosa biblioteca contándonos historias. Falounos do Carballo con Botas, da Xacia Luviñas, e do importante que é amar as árbores e respectar a natureza.

Fixo unha sesión para o alumnado de infantil, outra para 1º, 2º e 3º curso e outra para 4º,5º e 6º.

Ao rematar levou de paseo aos máis peques do cole na súa ciclobiblioteca.

Foi moi divertido compartir estes momentos con él e queremos agradecerlle moitísimo a súa labor.

Grazas, Anxo!

Deixar un comentario