PREMIO INFANTIL DE CONTOS “MESTRE XOSÉ AGRELO”
22 Xan 2012 Deixar un comentario
en Sen clasificar
Coa ansia de fomentar a creatividade fabuladora dos nenos, a A.N.P.A. do C.E.I.P.”RICARDO TOBÍO” convoca dende o curso 2000/01 o premio infantil de contos
“Mestre Xosé Agrelo” facendo ao mesmo tempo un recoñecemento público do singular personaxe inesquecible neste colexio.
As BASES do concurso son as seguintes:
1.Poderán optar ao premio tódolos rapaces que cursen estudos no C.E.I.P.”Ricardo Tobío” de Esteiro e na E.E.I. de Tal de Abaixo, que presenten narracións inéditas e non premiadas con anterioridade, e escritas en galego.
2.Outorgaranse catro premios que se conformarán por cursos en catro categorías:
(A=Ed. Infantil; B=1º e 2º; C=3º e 4º; D=5º e 6º).
3.As obras serán de tema e extensión libres, presentaranse baixo un título e un pseudónimo, con un sobre pechado no que por fóra constará o título do conto e o pseudónimo, e que conteña no seu interior o nome e os apelidos do autor, o seu domicilio, e número de teléfono.
4.O prazo de recepción das obras rematará o día 16 de marzo do ano dous mil doce, e entregaranse na secretaría do Colexio.
5.O xurado estará presidido polo señor Director do C.E.I.P. “Ricardo Tobío” e formarán parte del a Presidenta da A.N.P.A., e tres persoas que designará a asociación. O xurado actuará en pleno, en sesión única, sendo necesaria a asistencia dos dous terzos dos seus membros.
6.O xurado valorará a orixinalidade literaria, a coherencia gramatical e a autonomía á hora de elaborar o conto por parte do alumnado. O xurado poderá declarar desertos un ou máis premios, se o considera oportuno.
7.A A.N.P.A. resérvase o dereito de publicación das obras entregadas, e os exemplares aportados ao concurso serán propiedade da Asociación.
8.A presentación das obras supón a aceptación destas bases por parte dos seus autores.
Desde o equipo de biblioteca querémoslles lembrar aos participantes que contarán co noso apoio e cos dos titores para revisar as obras escritas se fose precioso. Así que …a
nimádevos e a escribir!!!
DECÁLOGO LECTOR
20 Dec 2011 Deixar un comentario
en Sen clasificar
Estes días distribuímos entre o alumnado uns marcapáxinas co “Decálogo Lector” elaborado no centro a partir das suxestións feitas polas familias, o curso pasado, sobre as dez mellores ideas para fomentar a lectura dentro do ámbito do fogar. Esperemos que tomedes boa nota!

A FOLLA SECA
20 Dec 2011 Deixar un comentario
en Sen clasificar
As sesións de contacontos no recreo comezan a ser un éxito. Desta vez foron varias axudantes da biblioteca de 6º e 5º curso as que quixeron contar unha historia ós máis pequenos. O conto lebaba por título “A folla seca”, e nel relatábase o que lle acontecía a Amara, unha pequena folla que coa chegada do outono tiña medo a soltarse da súa árbore e a deixarse caer.
Moitas grazas a Tamara, Lara, Irene, María, Antía e Alexandra por colaborar!
Á volta do Nadal teremos novas sesións de contacontos, xa que hai varios grupos de alumnnos e alumnas preparando máis historias para contar.
O CARACOL E A ROSEIRA
20 Dec 2011 Deixar un comentario
en Sen clasificar
Seguimos coas sesións de contacontos na biblioteca. Desta vez foi o profe Valentín o que leu o conto de “A caracol e a Roseira” de Hans Christian Andersen para o alumnado do segundo e terceiro ciclo.
O MELLOR REGALO PARA ESTE NADAL?? UN LIBRO!!!
20 Dec 2011 Deixar un comentario
en Biblioteca
Esperamos que este nadal Papá Noel e os Reis Magos veñan cargados de agasallos aos rapaces e rapazas do CEIP Ricardo Tobío, e por suposto que eses regalos lles aporten ledicia, ilusión, sabedoría, aventuras e entretemento. Por iso desde a Biblioteca pensamos que o mellor agasallo para este Nadal é un libro. Velaquí algunhas das recomendacións de Miguiña.
PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO
06 Dec 2011 2 Comentarios
en Sen clasificar
A semana iniciamos na biblioteca as sesións de contacontos no recreo. Desta vez as mestras Elena e Raquel contaron a historia de “Pequeno azul e pequeno amarelo” ó alumnado de infantil e primeiro ciclo de Primaria. A semana próxima serán os alumnos e alumnas do segundo e terceiro ciclo os que disfrutarán con unha nova historia.
MÁIS ACTIVIDADES DAS XORNADAS “PASÁMOLO DE MEDO”
03 Nov 2011 Deixar un comentario
en Biblioteca
Durante estas xornadas todos os días no recreo realizáronse lecturas de contos e lendas de medo. O alumnado de 5º tamén representou unha versión da Cincenta un tanto terrorífica. O venres clausuráronse as xornadas co acendido das cabazas realizadas polo alumnado e as familias, a lectura do conxuro elaborado de maneira colectiva en todas as aulas do cole, e a proxección do videoclip “Thriller” de Michael Jackson. Velaquí unhas fotos das diferentes actividades.
INAUGURACIÓN DAS XORNADAS “PASÁMOLO DE MEDO”
03 Nov 2011 1 comentario
en Sen clasificar
A semana do 24 ao 28 de Outubro resultou un tanto terrorífica no CEIP Ricardo Tobío. O luns 24 inauguramos as xornadas “Pasámolo de Medo”. Durante o recreo, Lois e Antía, encargáronse de inaugurar as xornadas contándonos cousiñas sobre a orixe do Samaín, celebración de orixe celta. Máis tarde, a compañía de teatro ” A Xanela do Maxín” representou no centro a historia “Chincha Rabincha”, da cal o tema central era tamén o medo. Deixamos unhas imaxes para que vexades que ben o pasamos!!
IV XORNADAS: “PASÁMOLO DE MEDO!!”
19 Out 2011 2 Comentarios
en Sen clasificar
Aproxímase o Samaín, tempo de meigas, espíritos, monstros e caveiras… E con él chegan un ano máis as xornadas “Pasámolo de Medo”. Celebrarémolas dende o 24 ata o 27 de Outubro.
O día 24 contaremos con unha pequena inauguración no recreo e ás 13:00, a compañía teatral “A xanela do maxín” representará a obra “Chincha Rabincha”.
Durante todos os recreos haberá lectura de lendas e contos de medo no salón de actos. OS nenos ou familiares interesados en participar poden anotarse no taboleiro da biblioteca. Por suposto, as familias están invitadas a vir a escoitar estes relatos.
O día 26 o alumnado do centro poderá traer algunha cabaza decorada, para ambientar o cole.
O 27 clausuraremos as xornadas acendendo as cabazas, lendo o conxuro conxunto elaborado polos nenos e nenas do cole e algunha que outra sorpresa.
Desde a biblioteca agardamos que con todas estas actividades o pasedes de medo!!
O DECÁLOGO para crear bos lectores
26 Mai 2011 Deixar un comentario
en Biblioteca
O Equipo da Biblioteca queremos invitar ás familias a participar nunha actividade, desde a convicción de que a lectura é a mellor equipaxe que podemos ofrecer aos nosos fillos para o presente e o futuro. A nosa intención é a de elaborar un DECÁLOGO de ideas, dirixidas ás familias, para crear bos lectores. Unha vez feito, plasmaremos dito decálogo en marcapáxinas que se distribuirán entre todos. Nós, desde o equipo, propoñemos cinco, e pedimos ás familias que completen o decálogo con outras cinco ideas que se lle ocorran, para fomentar a lectura entre os pequenos.
As cinco ideas que nos propoñemos son:
-
ORGANIZARSE. Axudémoslles a organizar o seu tempo, a súa biblioteca, o seu espazo…
-
PEDIR CONSELLO. O colexio, as librarías, as bibliotecas poden ser moi bos aliados. Fagamos visitas…
-
PROPOÑER, NON IMPOÑER. É mellor suxerir. Evitemos tratar a lectura como unha obriga.
-
ESTIMULAR, MOTIVAR. Calquera situación pode crear motivos para achegarse a un libro. Deixemos sempre libros ao seu alcance.
-
RESPECTAR. Os lectores teñen dereito a elixir. Temos que estar pendentes dos seus gustos e de cómo evolucionan.









Comentarios recentes