ACTO CONMEMORATIVO DAS LETRAS GALEGAS E ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME DE CONTOS MESTRE AGRELO.

Este venres, día 25, celebramos un acto para conmemorar a celebración do día das Letras Galegas. Aproveitando este evento fixose entrega dos premios do Certame de contos Mestre Agrelo, qur cada ano convoca a ANPA do colexio.

Neste acto interviu a cantante de Mazaricos Tania Fuegho, quen lles falou ao alumnado do amor que sinte pola nosa lingua e da importancia das variantes dialectais, das que debemos sentirnos moi orgullosos. Rematou a súa intervención interpretando o tema de Juan Pardo “A fala – Falade galego”.

Tamén participou no acto Rodrigo Molinos, mais coñecido como “Bolato” , veciño de Esteiro afeccionado ao teatro. Rodrigo fixo que o alumnado se emocionase e rise con un par de contos de Xosé Agelo, escritor e mestre que durante moitos anos impartiu docencia no noso centro.

Tanto Tania como Rodrigo concederon, ademais, cadansúa entrevista para Radio Laretas. A radio da nosa biblioteca.

No acto proxectaronse varios videos elaborados polo alumnado e profesorado.

A teacher Laura tamén preparou, co alumnado de quinto e sexto, un pequeno video sobre as letras galegas e María Victoria Moreno en Inglés.

As palabras en galego preferidas do alumnado de infantil

Video resumo da vida de María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano.

O alumnado participante no certame de contos tamén se presentou con este video:

Os contos gañadores presentáronse en forma de video ao que o alumnado axudante de biblioteca lle puxo voz.

Todos os participantes recibiron un diploma e os gañadores foron obsequiados con un pequeno agasallo.

 

Deixar un comentario